Home Grupos Son de Marín: A arte de levar a música a cada recuncho da vila
Son de Marín: A arte de levar a música a cada recuncho da vila
0

Son de Marín: A arte de levar a música a cada recuncho da vila

0

SON DE MARIN 3

Imaxes da Páxina de Facebook Son de Marín

Páxina de Facebook Verbena Gallega (Síguenos)

O Festival Son de Marín, que este ano celebrará á súa cuarta edición o vindeiro sábado, converteuse desde o seu inicio na arte de achegar a música a todos os recunchos do casco urbano de vila. É certo que o evento foi medrando conforme pasaron os anos e nesta ocasión agárdase que sexa unha das citas musicais más destacadas da comarca e de Galicia.

O certame foi concebido como un festival de rúa desde os seus inicios en homenaxe ao artista John Balan, natural de Seixo-Marín, aínda que moi coñecido a nivel de toda Galicia e mesmo internacionalmente. Só cunha porta, as súas mans e a súa voz eran quen de facer os sons dunha orquestra, o que o levou a ser coñecido como o ‘home orquestra’.

SON DE MARIN 5

Deste xeito, cada unha das edicións do Son de Marín está adicada a este artista, que levaba a música a calquera lugar onde se atopara, mesmo á liña de autobús que une Marín e Pontevedra (antigamente o trolebús), a un bar ou a calquera das prazas nas que estivera. Ademais, tamén participou nalgunhas películas.

O municipio marinense xa ultima os preparativos do destival, que terá lugar o sábado, día 12, co que se pretende encher de música as prazas e rúas do casco urbano da vila. Nesta ocasión Dibay Eventos encargarase do desenvolvemento das actividades contando coa colaboración e respaldo do Concello de Marín.

SON DE MARÍN 3

O evento contará con 15 actividades que se desenvolverán desde as 10.00 horas ata ben entrada a noite, rematando cun concerto no Parque Eguren, a partir das 23.00 horas, a cargo do coñecido grupo 7Setenta, que versiona temas das décadas de 1970 e 1980 coas que se pretende chegar a un público moi variado.

Deste xeito, o Son de Marín comezará ás 10.00 horas cun pasarrúas a cargo do grupo Os de Marín, e continuará co seguinte orden: Os Saljariterios na Praza de Abastos (11.00), Marcos Acuña en Doctor Touriño Gamallo (11.30), Banda de Música Infantil do Ateneo Santa Cecilia na Rúa do Sol (12.00), Paula Gago e Javier Morgade en Fondo do Saco (12.30), Sara e Sofía en Exército e Mariña-Paseo Lameira (13.00) e pechando a xornada matinal Ferriñas na Alameda (13.30).

SON DE MARÍN 4

As actividades retomaranse pola tarde ás 18.00 horas no Parque Eguren coa degustación da torta de aniversario do Son de Marín, que cumpre catro anos, momento no que se soplarán as velas e repartirase o dulce entre os asistentes, contando para elo coa actuación de As Chaneiras. A continuación, Paula Gago e Esperanza Mara estarán na Rúa Real (18.30), La Bodega de Tom na Alameda (19.00) e Maveva en Méndez Núñez (19.30).

O acto de homenaxe a John Balan terá lugar ás 20.00 horas na Praza da Veiguiña, no que se agarda contar coa presenza do actor Miguel de Lira (moi coñecido polo seu papel de Currás na serie Mareas Vivas da TVG), que era amigo persoal do artista de Seixo e mesmo participou na curtametraxe ‘John Balan, detrás da porta’ xunto a Tonhito do Poi e Rubén Aramburu, na que se retrata ao inimitable ‘home orquestra’. A continuación, pechará a lembraza a actuación de Ricardo Parada na propia Praza da Veiguiña ás 20.30 horas.

 

O Son de Marín rematará co concerto do grupo 7Setenta no Parque Eguren a partir das 23.00 horas. Esta banda naceu en Vilagarcía no ano 1997 cando un grupo de amigos e amantes da música da década de 1970, etapa na que formaran parte de diversos grupos, se uniron para recrear temas daquela época. Actualmente é moi coñecida en toda Galicia e fai disfrutar a un público moi variado con temas de grupos como Los Módulos, M Clan ou Presuntos Implicados.

SON DE MARIN 6

A organización do Son de Marín agarda que a celebración do festival reúna a numeroso público en cada unha das actuacións, xa que a diferenza de horario permitirá que os interesados poidan asistir á maioría delas. Así mesmo, agradece especialmente o respaldo do Concello de Marín.

admin