Home Orquestas Antonio Barros (Kubo) gaña o concurso ‘Recantos’ do programa Luar; Ruth Cundins, segunda
Antonio Barros (Kubo) gaña o concurso ‘Recantos’ do programa Luar; Ruth Cundins, segunda
0

Antonio Barros (Kubo) gaña o concurso ‘Recantos’ do programa Luar; Ruth Cundins, segunda

0

Verbena Gallega (Síguenos en Facebook)

A esperada final do concurso Recantos chegou ao “Luar de onte, venres, nunha noite cargada de emocións e sorpresas, e coun dous finalistas ben coñecidos no mundo da verbena, como son Antonio Barros (Kubo) e Ruth Cundíns. Finalmente, o vigués Antonio Barros fíxose co primeiro premio, dotado de 5.000 euros, coa súa interpretación do tema “Miña terra galega”.RECANTOS

Impúxose á outra finalista, Ruth Cundíns, representante da comarca Terras de Compostela, que cantou “Por ti voarei” e que levou para a casa os 2.000 euros do segundo premio. Os dous participantes fíxerono de xeito espectacular, cunha grande calidade, pero o xurado, composto nesta edición polos artistas Manuel de Andrade, Tania Fuegho e Pili Pampín, decantouse polo cantante de Vigo.

Un dos momentos máis sorprendentes desta final foi cando o gañador Antonio Barros lle amosou ao público unha tatuaxe co logo do “Luar”, unha chiscadela ao programa, ao que lle quixo agradecer “que lle cambiara a vida”. Despois, os vinte concursantes desta temporada de “Recantos” subiron ao escenario para interpretar en conxunto o tema “Luz do Luar”, que puxo fin a esta emocionante gala.

O concurso “Recantos” é unha das apostas de TVG pola música e polos novos artistas galegos, e este ano pechou a súa sétima edición, na que a cantante e actriz Tania Veiras, tamén moi coñecida no mundo da verbena, foi a copresentadora xunto a Xosé Ramón Gayoso.

Este espazo dentro do “Luar” é o sucesor de “Canteira de Cantareiros”, concurso en que se deran a coñecer voces como a de Lucía Pérez, que chegou a representar a España en Eurovisión, ou Eva Iglesias, actriz e actual colaboradora no “Land Rober Tunai Show”, ademais de presentadora de “Todo Queda na Casa”, programas do prime time da TVG.

admin