Home Orquestas A TVG busca ao ‘cantante extraordinario’ da verbena desde este xoves
A TVG busca ao ‘cantante extraordinario’ da verbena desde este xoves
0

A TVG busca ao ‘cantante extraordinario’ da verbena desde este xoves

0

Verbena Gallega (Síguenos en Facebook)

A Televisión de Galicia estrea este xoves a segunda temporada de ‘A Liga dos Cantantes Extaordinarios’, que buscará nas voces da verbena galega aquela capaz de convencer a público de todas as idades e gustos. O programa, presentado por Paco Lodeiro, chega este verán con máis música, máis humor, máis emoción e novas probas e converterase cada semana nun grande evento musical e festivo.

O programa contará con algún dos cantantes máis destacados da verbena, neste caso empezarán na primeira gala 16 : Irene Iglesias (Panorama), Danni Lamas (Kubo), Alba Navarro (Los Satélites), Iván Rodríguez (New York), Monia Borges (Marbella), Yennia (La Fórmula), Ana Paz (Cinema), David Seara (Finisterre), Nakary (Olympus), Nando Llon (Genesis), Kris Somad (Capitol), Fran Castellanos (Saudade), Rita Barreiro (Charleston), Diego Barbazán (Fania Blanco Show), Takito Mariñas (Televisión) e Marga Vilar.

Nesta primeira gala competirán os 16 concursantes entre si en duelos inéditos en moitos casos. Só poderán clasificar 8 para o seguinte programa. Pero os que non acaden o pase terán oportunidades nas seguintes entregas. Cada programa terá un gañador e o que consiga gañar tres terá un pase de ouro e irá directo á gran final, que determinará cal é o/a cantante que tomará o relevo de Alejandra Pais, gañadora da primeira edición.

A isto hai que unirlle a presenza de artistas convidados. Neste pistoletazo de saída, visitarán o programa ex-concursantes da primeira temporada, como Diego Moreira, Alejandra Pais e Laura Añón. Así, ata 15 actuacións en directo, en que os espectadores poderán escoitar as mellores voces da verbena galega en dúos e cuartetos inéditos.

Por outra banda, cada xeración estará representada no xurado deste concurso de talentos. Repite como líder dos avós Pili Pampín ; ao seu carón, Lito Garrido, director da orquestra Panorama e voz dos pais nesta Liga; xunto a eles, Lucía Pérez, voceira dos casadeiros; e por último, Mon, dos Monouliuos DOP, que este ano estará acompañado da súa media laranxa na banda: Ula. O contrapunto cómico porano Pepe Capelán desde a súa peculiar barra de bar e César Romero, concursante da primeira edición, que porá a proba e colaborará cos aspirantes deste ano.

E isto só é o comezo, o primeiro de 12 programas cargados de emoción e humor, con varias novidades competitivas este ano: un duelo de entrada entre dous concursantes que loitarán por un oco no sofá dos elixidos e dous popurrí de grupo cos que os ‘cantantes extraordinarios’ poderán sumar cinco puntos extra, dúas probas que manterán a emoción ata o final. Todo pode cambiar, tamén co voto do público que gozará do show desde o estudio de gravación.

admin