Home Orquestas Verbenalia pecha a súa tempada con magníficos datos de audiencia na TVG
Verbenalia pecha a súa tempada con magníficos datos de audiencia na TVG
0

Verbenalia pecha a súa tempada con magníficos datos de audiencia na TVG

0

Verbena Gallega (Séguenos no Facebook)

O programa da TVG Verbenalia, que recreaba de xeito ameno e divertido, un día de fiesta ao estilo máis tradicional, rematou a súa etapa na canle por esta tempada cuns datos de audiencia moi positivos, nalgúns casos moi por enriba da medida na que se sitúa o canal autonómico. O formato e a presenza de 18 das mellores orquestras de Galicia, ademais de humoristas, artistas colaboradores, grupos de música tradicional

DSC_0201

O programa presentado por Rodrigo Vázquez despediuse o venres día 9 cun 15,3% de share. Un sensacional dato de audiencia que consolida o éxito da proposta.

“Galicia quere festa no verán, e a Televisión de Galicia o ten claro. A aposta por Verbenalia para o prime-time dos venres resultou ser todo un éxito, rexistrando audiencias moi por enriba da media da canle pública autonómica, con datos do 16,1 e o 15,3% de share nos dous últimos programas”, sinalan os responsables de produción.

Verbenalia gravouse o pasado mes de abril no plató de Tex45 Producións (a produtora do programa, en colaboración de Ainé e Suído Producións) na localidade coruñesa de Ordes, reunindo a un sensacional elenco de colaboradores que foi quen de chegar ao público en seis semanas de festa por todo o alto.

Dirixido por Suso Iglesias e TeDSC_0422o Manuel Abad, o programa foi conducido por Rodrigo Vázquez, coa axuda de Patricia Santana, Eva Iglesias e Manuel DeAndrade. Os Tristes (o particular dúo formado por Marcos Pereiro e Federico Pérez) achegaron a nota de humor, e unha amplísima nómina de artistas e orquestras completaron os carteis de seis verbenas coas que gozaron decenas de milleiros de espectadores a través da pequena pantalla.

Dezoito das mellores orquestras de Galicia, algúnhas gravadas nos seus propios escenarios, participaron neste ‘show’, xuntamente con outras tantas agrupacións de música tradicional, sobre todo as especializadas na música ‘festeira’, ou música ‘de furancho’, habituais mas chamadas ‘sesión vermú. O programa apostou, sobre todo, pola frescura e a espontaneidade da música gravada ‘en vivo’, e uns contidos que amosaran o mundo da verbena en Galicia tal e como se produce na actualidade, no que xoves e adultos participan con igual entusiasmo.

DSC_0010

A estrutura do programa ten moito que ver co que se podería considerar “un día de festa”. Primeiro a sesión vermú, co pregoeiro convidado e a música tradicional; despois o momento no que a Comisión de Festas emite o seu xuizo sobre as orquestras contratadas; de seguido, a verbena en si mesma con dúas orquestras que compiten no ‘campo da festa’, e finalmente o ‘segundo pase’, cunha orquestra convidada a actuar no seu propio escenario ante 5.000 personas.

Ademáis de Rodrigo Vázquez, no programa participaron colaboradores estables coma o dúo cómico “Os Tristes”, representado por Federico Pérez e por Marcos Pereiro; a cantante e actriz Eva Iglesias, veterana da “pachanga” en Galicia; Patricia Santana, a xoven reporteira; e Manuel de Andrade, na súa liña xusticieira que xa coñecen os espectadores da Televisión de Galicia.

Actores e personaxes galegos coma Manuel Manquiña, Isi, Pepo Suevos, Teté Delgado, Manuel Touriñán ou Xoan Barro, foron os responsables de facer o pregón da xornada festiva e de interactuar cos colaboradores do programa e coas orquestras convidadas.

DSC_0027

En Verbenalia participaron dezaoito das mellores formacións que traballan en Galicia (Panorama, Olympus, New York, París de Noia, Marbella, Gran Parada, Televisión, La Fórmula, Passarela, Cinema, Trebol, Poceiro, El Combo Dominicano, Aché), Funçao Públika de Chaves (Portugal), Anaconda, de Santander, e aínda en competición con Los Satélites o grupo de rock Os Resentidos, que regresan despois de vinte anos cunha orixinal formación na que integraron á Big Band da Banda de Música de Ribadavia.

Así mesmo, houbo actuacións de coñecidos cantantes da verbena galega, como Tania Veiras, Yahel Amaros o Leo Martínez Guzmán, Sanela Ferizovic e Davide Veiga entre outros moitos. Os Rosales, Tiruleques, Melidaos, Radio Cós, Treixadura, etc, foron algúns dos grupos de música tradicional convidados a Verbenalia.

admin