Verbena Gallega (Séguenos en Facebook)
Fotos: Verbena Gallega
As orquestras Marbella, New York e Televisión serán as encargadas de abrir mañá o programa Verbenalia que, cunha duración de tres horas, se apoia sobre todo no humor e na música en ‘vivo’ das orquestras galegas, presentado por Rodrigo Vázquez, sustituirá ao Luar todos os venres, durante os meses de agosto e de setembro na grella da TVG.
Dezoito das mellores orquestras de Galicia, algúnhas gravadas nos seus propios escenarios, participan neste ‘show’, xuntamente con outras tantas agrupacións de música tradicional, sobre todo as especializadas na música ‘festeira’, ou música ‘de furancho’, habituais mas chamadas ‘sesión vermú.
Os sete programas especiais de Verbenalia para o verán, que dirixen Suso Iglesias e Teo M. Abad, e producen Tex-45, Suído e Ainé, para a TVG, apostan sobre todo pola frescura e a espontaneidade da música gravada ‘en vivo’, e uns contidos que amosan o mundo da verbena en Galicia tal e como se produce na actualidade, no que xoves e adultos participan con igual entusiasmo.
A estrutura do programa ten moito que ver co que se podería considerar “un día de festa”. Primeiro a sesión vermú, co pregoeiro convidado e a música tradicional; despois o momento no que a Comisión de Festas emite o seu xuizo sobre as orquestras contratadas; de seguido, a verbena en si mesma con dúas orquestras que compiten no ‘campo da festa’, e finalmente o ‘segundo pase’, cunha orquestra convidada a actuar no seu propio escenario ante 5.000 personas.
Ademáis de Rodrigo Vázquez, no programa participan colaboradores estables coma o dúo cómico “Os Tristes”, representado por Federico Pérez e por Marcos Pereiro; a cantante e actriz Eva Iglesias, veterana da “pachanga” en Galicia; Patricia Santana, a xoven reporteira; e Manuel de Andrade, na súa liña xusticieira que xa coñecen os espectadores da Televisión de Galicia.
Actores e personaxes galegos coma Manuel Manquiña, Isi, Pepo Suevos, Teté Delgado, Manuel Touriñán ou Xoan Barro, son os responsables de facer o pregón da xornada festiva e de interactuar cos colaboradores do programa e coas orquestras convidadas.
En Verbenalia participan dezaoito das mellores orquestras galegas (Panorama, Olympus, New York, París de Noia, Marbella, Gran Parada, Televisión, La Fórmula, Passarela, Cinema, Trebol, Poceiro, El Combo Dominicano, Aché), Funçao Públika de Chaves (Portugal), Anaconda, de Santander, e aínda en competición con Los Satélites o grupo de rock Os Resentidos, que regresan despois de vinte anos cunha orixinal formación na que integraron á Big Band da Banda de Música de Ribadavia.
Así mesmo, teñen actuacións coñecidos cantantes da verbena galega, como Tania Veiras, Yahel Amaros o Leo Martínez Guzmán, Sanela Ferizovic e Davide Veiga entre outros moitos.
Os Rosales, Tiruleques, Melidaos, Radio Cós, Treixadura, etc, son algúns dos grupos de música tradicional convidados a Verbenalia, a aposta do verán para as noites dos venres na TVG.
Primeiro programa, este venres
O actor Manuel Manquiña e a eurovisiva cantante de O Incio, Lucía Pérez, interpretarán no primeiro programa de Verbenalia un popurrí de rancheiras clásicas. Ademais, a parella de veteranos gaiteiros, Maruxa e Pepe Romero (Os Rosales, Rianxo) lembran con gran emotividade os anos difíciles nos que os gaiteiros reivindicaban nas verbenas un trato igualitario ao das orquestras.
Neste primeiro programa de Verbenalia participaránn Os Rosales (autores do ‘hit’ A Camposa), o actor Manuel Manquiña, Lucía Pérez, o orfeón de música tradicional Treixadura, e as orquestras New York, Marbella e Televisión. No ‘set disco’, que cubre a última parte do programa, Sanela Ferizovic, Davide Veiga e Eva Iglesias interpretarán unha selección de rancheiras.