Home Orquestas La Ocaband comeza hoxe en Verín a xira do seu espectáculo musical Camiñantes e Cantantes
La Ocaband comeza hoxe en Verín a xira do seu espectáculo musical Camiñantes e Cantantes
0

La Ocaband comeza hoxe en Verín a xira do seu espectáculo musical Camiñantes e Cantantes

0

Colaboración Especial L. Aguiar

A orquestra La Ocaband comeza hoxe outra das súas iniciativas para exaltar o Camiño de Santiago e a música galega. Trátase da xira Camiñantes e Cantantes, que a levará por unha ducia de localidades de toda Galicia ata o mes de outubro. Concretamente, a estrea será en Verín, a terra natal do seu director musical, Xoan Manuel Paradela, o que lle da un maior significado, se cabe, a este espectáculo de dúas horas de duración.

A gala comeza coa interpretación do tema da orquestra Camiñantes e logo da paso a un repertorio moi coñecido que representa aos artistas galegos máis representativos da música galega dos últimos 50 ou 60 anos, todo en galego e conducido polo actor Pepo Suevos, que irá ligando cada peza, xa sexa polo propio tema ou polo seu intérprete orixinal con algunha das rutas do Camiño de Santiago. Todo isto acompañado dun espectáculo audivisual fantástico, mezclado con humor, a música en directo da orquestra e varios artistas convidados en cada gala, que no caso da estrea serán Manuel Manquiña, Poli Pampín e Laura Añón, ademais do propio Pepo Suevos.

Serán dúas horas desgranando o mellor e máis coñecido da música galega do último medio século cun musical (que irá en paralelo coa xira da verbena da orquestra) patrocinado polos departamentos de Turismo e Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

O musical continuará e seu camiño o vindeiro 3 de xullo en Pontecesures, o 10 en O Pino e o 15 en Tui, como primeiras paradas deste tour tan especial da La Ocaband en formato musical.

admin