Home Orquestas Tania Veiras presenta hoxe no Luar e mañá no Aquí Galicia o seu disco homenaxe a Ana Kiro
Tania Veiras presenta hoxe no Luar e mañá no Aquí Galicia o seu disco homenaxe a Ana Kiro
0

Tania Veiras presenta hoxe no Luar e mañá no Aquí Galicia o seu disco homenaxe a Ana Kiro

0

Verbena Gallega (Séguenos no Facebook)

A cantante, presentadora e cada vez máis polifacética Tania Veiras, xa ten moi avanzado o seu novo proxecto: un disco homenaxe a Ana Kiro. Tanto é así que esta fin de semana presentará un avance deste traballo discográfico nos programas da TVG Luar (hoxe) e Aquí Galicia (mañá), que agarda ter rematado en pouco tempo.

tania-3Ana Kiro foi unha artista que sentou cátedra no mundo da canción e do espectáculo en Galicia e foi moi recoñecida durante a súa traxectoria. O ano pasado recibiu a homenaxe da TVG, no sexto aniversario do seu pasamento, coa emisión dun programa especial dentro de ciclo denominado ‘Inimitables’, que devolveu á memoria de moitos galegos a súa voz e as súas cancións máis coñecidas.

Tania Veiras, depois do seu paso polo concurso de novos talentos da canción do Luar, centrou inicialmente a súa carreira en solitario na música galega máis coñecida, entre a que sempre destacou a presenza no seu repertorio de Ana Kiro. Así mesmo, con posterioridade seguiu cantando temas da falecida artista en diversos programas de televisión e tamén coa orquestra Abanico, na que traballou durante un tempo.

Para Veiras, Ana Kiro representa moi ben a historia da música galega feita no noso país, ademais de contar cunha traxectoria espectacular como cantante e artista. Do mesmo xeito, ao interpretar as súas cancións recoñécese no público como as disfruta e as aplaude.

tania-1

Con todo este argumentario sobre a mesa xurdiu a idea de editar un CD adicado na súa totalidade a esta artista, proxecto no que traballa desde hai algún tempo e que agora xa empeza a ver a luz. A idea é que o traballo sexa moito máis ca un disco e que sirva tamén para coñecer moito mellor a Ana Kiro e a súa traxectoria artística.

Polo momento, Tania Veiras, que é copresentadora, xunto a Xosé Ramón Gayoso, da sección Recanteiros do Luar, presentará esta noite neste programa algunhas das cancións que se recollerán no CD, ao igual que o fará mañá no Aquí Galicia, que será emitido dende Sigüeiro, no concello de Oroso.

Os temas estarán acompañados pola música coa que os cantaba Ana Kiro, pero con arreglos modernos e con músicos actuais. Así mesmo, a vestimenta da artista de Ordes terá a línea tradicional do traxe rexional galego, que tanto usaba a homenaxeada, por cun estilo vangardista da deseñadora María Viqueira.

Hoxe e mañá comprobarase a resposta do público a este novo traballo de Tania Veiras, cada vez máis coñecida e valorada pola súa traxectoria, pero todo apunta a que será todo un éxito, o que podería conlevar tamén a posibilidade de presentar, no seu día, ese CD en actuacións públicas en directo fora da televisión, aínda que é unha cuestión sobre a que non se adiantou nada en concreto.

Aquí Galicia

O Aquí Galicia estará en directo este sábado na Festa da Troita de Sigüeiro. Na 21 edición do evento, os reporteiros do programa poderán ver como se leva a cabo a captura do peixe nos ríos locais e catalo fritido, en empanada ou con améndoas e xamón. Tamén estarán no campionato de pesca e nos obradoiros infantís que se desenvolven durante este enxalzamento gastronómico; coñecerán á mascota do evento, Troi, e terán tempo para visitar o municipio, acompañados de veciños de Oroso.

admin